martes, 28 de mayo de 2013

Día das Letras Galegas

Como todos os anos, o 17 de maio celebramos o "Día das Letras Galegas". Trátase de homenaxear ás persoas que destacaron pola súa creación literaria en galego ou pola defensa da nosa lingua.
Cada ano se lle adica a unha persoa diferente. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Este ano adicouselle ao dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño. 

Roberto Vidal Bolaño naceu na cidade de Santiago de Compostela o 31 de xullo 1950, morreu na mesma cidade o 11 de setembro de 2002.
 Comezou a traballar  moi novo e con doce  anos repartía por Santiago recambios  para coches montado en  bicicleta. Traballou en moitos oficios pero con 27 anos consigue adicarse ao teatro que era o que él desexaba. Roberto dirixiu as compañías teatrais Antroido e Teatro do Aquí. Traballou no cine e na televisión e foi actor de dobraxe. Pola súa defensa do idioma, da cultura e do teatro galego, a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras deste ano.

En cada clase coñecemos un pouco máis polo miúdo a súa vida e obra mediante diferentes actividades.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.