miércoles, 13 de marzo de 2013

Rosalía de Castro

A derradeira semana do mes de febreiro os rapaces de 2º de primaria conmemoraron  o 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro que coincidiu co 150 aniversario da publicación da súa obra “Cantares Gallegos”. 
A pequena homenaxe consistiu na elaboración dunha serie de murais sobre a poetisa e novelista galega, achegando algúns datos sobre a súa vida e obra. Logo de rematalo, convidouse ós rapaces de 1º  a vir ata á clase de 2º, onde algúns dos compañeiros recitaron poemas extraidos de “Cantares Gallegos”. Os alumnos da clase de 1º de primaria, sendo algúns deles non natos en Galicia, escoitaron atentamente os versos de Rosalía, así como o traballo feito en equipo polos compañeiros de 2º curso.  






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.